martes, 8 de outubro de 2013

Odedadó

Falamos neste blog de línguas. Da língua galega e doutras línguas. Da língua nos pequenos, a aprendizaxe e a sustitución de línguas.

O certo é que hai máis linguas que as que falamos. E os nenos de hoxe unha língua na que vos levamos moitos anos de vantaxe aos maiores é esta: o odedadó!

Con 2 anos non saberei decir ben odedadó, pero manéxoo coma o demo! Na casa están asustados: en canto miran para outro lado, xa estou eu có odedadó a voltas. "Pero se estaba apagado!?" -berra papá. E qué? Eu seino encender.

O máis doado de usar é o odedadó do avó, porque non pide contrasinal. Está chupado, mira:
- primeiro daslle có dedo ao botón da caixa grande, logo ao botón da tele de arriba para ver. Entón sae un campo verde con moitas cousiñas. 
- tes que coller coa man a bola con teclas que-non-sei-como-se-chama. Cando moves a boliña, a flecha que hai na tele móvese contigo!
- Abaixo á esquerda hai un círculo vermello, verde e amarelo sobre fondo azul (estes conceptos, abaixo + esquerda, aínda os estou a practicar, pero sei de sobra onde está o bicho multicor ese!). Papá xa me ten dito que non perda o tempo pinchando o bicho do lado, unha 'e' azul, mellor o que ten moitas cores. Colles a bola con teclas e pinchas coa flecha enriba do círculo de cores.
- Entón sae un conto con moitos debuxos. Como sempre vexo os mesmos, o conto dame a escoller entre eles: están Dora, Caillou, a galinha pintadinha... Tamén hai videos: de papaú bowie, de rem, pink floi... algún día vos poñerei algúns videos deses aqui, vale?
- cando pinchas un debuxo, podes velo ata que remata. Logo, cando remata, o video é moi amigo de Anxo e dalle máis para escoller, moitos moitos! Eu vexo os que hai e escollo o que máis me gusta. E logo cando remato ese, outro. E logo outro. E logo outro. E logo outro. E logo... mamá s'enfada porque non paro quieto có odedadó, que teño que xogar cós xoguetes!! 

Non sei porque se sorprenden na casa de que saiba manexar eu só o odedadó, se é ben doado!!

O meu último descubrimento no odedadó gústame moito moito. Falounos del Bea, a profe do cole. É unha colección de xogos interactivos cós que os nenos podemos aprender as cores, os números, a roupa de vestir, os animais, e facer moitas moitas cousas!! A min gústame moito! Papá está agora máis contento porque prefire verme xogar con estes xogos que mirar debuxos de Dora, di que me quedo parviño mirando...

Déixovos aqui o xogo por se queredes xogar vós tamén. Tedes que facer click coa flecha sobre o debuxo:



Cada unha das cousas da habitación é un xogo diferente. Espero que vos gusten moito!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario